O noso compañeiro Edu Pereira fotografía a actores galegos para o calendario solidario Asperga 2016

A asociación Galega de Familias de Persoas Afectadas pola Síndrome de Asperger(Asperga) presentou o seu calendario 2016, no que trece actores galegos Mayka Braña, Miguel Pernas, Mariana Expósito, Arturo Santos, Iria Sobrado, Axel Fernández, Sheyla Fariña, Neves Rodríguez e Daniel Currás colaboraron voluntariamente representando personaxes medievais.

Todos eles foron fotografados polo noso compañeiro Edu Pereira quen un ano máis colabora desinteresadamente con esta asociación.

O calendario que combina imaxes reais e virtuais para recrear mundos de fantasía de maneira maxistral, ten a finalidade de recoller fondos para Asperga e distribuirase a través de librerías e comercios.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *


*