Adestramento conxunto cos alumnos da escola de vela do Club Fluvial das Pontes

“O fin de semana do 13 e 14 de maio os alumnos da escola de vela xunto ao adestrador Óscar Gómez, e convidados polo Club Fluvial das Pontes, desprazáronse ao Lago das Pontes para realizar un adestramento conxunto cos alumnos da escola de vela do club local.

O sábado baixo intensos chuvieiros e con vento que alcanzou ata os 22 nós, realizouse un intenso adestramento en duras condicións que foi valorado moi positivamente tanto por adestradores como regatistas de ambos os clubs. O domingo, cunhas condicións máis propicias, realizáronse clases teóricas de trimado de velas e embarcacións + nocións básicas de regata. Máis tarde saíuse á auga para poñer en práctica o explicado e cun vento de 10-11 nós con puntas de 15-16 nós, regatistas e adestradores gozaron dunha magnífica xornada de adestramento con temperatura agradable.

Desde o noso club queremos dar as grazas ao Presidente, directiva e pais de regatistas do club pontés polo seu trato exquisito e a súa atencións para coa expedición desprazada do noso club.”

Vela Grupo bazan_ As Pontes2 Vela Grupo bazan_ As Pontes3 Vela Grupo bazan_ As Pontes4 Vela Grupo bazan_ As Pontes5 Vela Grupo bazan_ As Pontes6 Vela Grupo bazan_ As Pontes7 Vela Grupo bazan_ As Pontes8

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *


*