IX Regata de Vela Lixeira Ría de Ferrol , 7 e 8 xullo 2018

Por noveno ano consecutivo, os días 7 e 8 de xullo, a ría de Ferrol será o escaparate en grao sumo significativo da vela lixeira infantil e xuvenil da nosa comunidade autónoma; participarán na IXª edición da Regata de Vela Lixeira “Ría de Ferrol”, organizada pola Sección de Vela Lixeira do Grupo Bazán, e copatrocinada polo Concellería de Deportes do Concello e o club organizador. Preto de 80 inscricións de barcos das clases Optimist e Láser recibiu xa a organización para participar nunha regata que, alcanzando xa a novena edición consecutiva, converteuse nunha das grandes citas da vela lixeira infantil e xuvenil galega nesta época estival. Unha edición máis que conta coa cualificación por parte da Real Federación Galega de Vela como de Regata de Nivel Autonómico, tanto pola cantidade dos participantes como pola calidade dos mesmos e pola participación en todas as edicións de repsentantes do país veciño. Regatistas dos máis significados clubs galegos, acompañados por regatistas portugueses acudirán á cita. Sendo así que a participación estará composta por integrantes dos equipos de regatas de Club Marítimo de Canido, Real Club Náutico da Coruña, Club Marítimo de Oza-Ou Puntal da Coruña, Real Club Náutico de Sanxenxo, Club Marítimo Carrumeiro de Corcubión, Club Alamar de Sada, Comisión Naval de Regatas da Armada de Ferrol e Clube Naval Povoense de Póvoa de Varzim. A relación de participantes péchase cos integrantes do equipo de Optimist e Láser da Sección de Vela Lixeira do Grupo Bazán. A pesar da precariedade de apoios cos que puido contar, o Grupo Bazán segue apostando pola organización da regata que servirá para fomentar o deporte da vela lixeira nunha ría que ten unhas condicións óptimas para a súa práctica. Ninguén da organización dubida do éxito dunha regata que á parte do importante compoñente deportivo da mesma ten un, se cabe, máis importante compoñente social, dado que, do mesmo xeito que en anteriores edicións, o sábado día 7 pola noite ofrécese no restaurante da Feira de Mostras, unha cea conxunta para todos os regatistas, adestradores, xuíces, balizadores e demais organizadores e colaboradores da regata, que fomenta o aspecto social do deporte e a convivencia entre os mozos deportistas e que é un aliciente máis para a asistencia dos mesmos ano a ano.

Tampouco cabe dúbida que o evento xerará un tráfico económico importante para a cidade dado que á parte da ocupación hostaleira que, estes eventos de vela infantil en épocas estivais arrastran a moitos directivos, pais e acompañantes dos sitios de procedencia dos clubs para visitar a cidade.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *


*