ALFREDO FERNÁNDEZ, DO GRUPO BAZÁN, SEGUNDO NO TROFEO GRILLETE DO NÁUTICO DA CORUÑA.

Magnífico resultado o cultivado esta pasada fin de semana polo regatista do Grupo Bazán Alfredo Fernández Nores, no Trofeo Grillete 2019 para a Clase Internacional Láser (nas súas tres modalidades 4.7, Radial e Standard) que se celebrou os días 23 e 24 de febreiro en augas da ría da Coruña, organizada polo Real Club Náutico da Coruña e pola Real Federación Galega de Vela.

Un segundo posto (con resultados parciais de 2º – 2º) na categoría Láser Radial, na que participaban os mellores regatistas galegos da especialidade, foi todo un éxito para Fernández Nores nunha regata válida para o Rankin galego da tempada 2018-2019 e clasificatoria para o equipo galego da clase.

O sábado 23, cunhas condicións de navegación difíciles tácticamente, con ventos moi frouxos de 5-6 nós e moi rolón (de compoñente moi variable ao longo das probas), o regatista ferrolán demostrou todo o seu potencial na clase Láser Radial (categoría olímpica feminina da embarcación Láser, pero na que tamén está admitida a participación masculina ata a categoría senior). Disputáronse o sábado dúas probas para as clases Láser 4.7 e Láser Radial e tres probas para a clase Láser Standard; o domingo 24 o comité de regatas tentou realizar unha proba máis para as tres categorías, colocándose o regatista ferrolán na primeira posición da súa frota desde a saída, o cal lle fixese gañar a regata, pero Eolo xogoulle unha mala pasada e desapareceu a metade de manga polo que o comité de regatas tivo que anular a proba e considerar como definitiva a clasificación coas probas realizadas o sábado.

Despois do resultado obtido nesta regata, o regatista ferrolán ha recibido a convocatoria da Selección Galega de Vela para a súa participación o próximo mes de marzo na Copa de España da categoría, que se celebrará no Club Náutico do Masnou en Barcelona.

Hai que significar igualmente nesta regata a moi destacada actuación do regatista ferrolán da Comisión Naval de Regatas, José Rey-Seijo Alcalá, que, con resultados parciais de 6º – 1º – 3º, obtivo a terceira posición na clase Láser Standard, indo de menos a máis e realizando unhas magníficas regatas.PODIUM GRUPO BAZAN TROFEO GRILLETE DO NÁUTICO DA CORUÑA

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *


*