Masterclass de fotografía de paisaxe astronómica e presentación do libro “Galicia un lugar máxico para contemplar as estrelas” O venres 22 de febreiro ás 20:30 horas

O venres 22 de febreiro ás 20:30 horas contaremos no Grupo Bazán cos fotógrafos Daniel Lois e Daniel Llamas de Enfoque nocturno. Presentarannos o seu libro “Galicia un lugar máxico para contemplar as estrelas” e impartirán unha masterclass de fotografía de paisaxe astronómica na que nos contarán como fixeron moitas das fotografías que ilustran o libro, como planifican o seu traballo e todo o que comporta obter fotografías tan espectaculares como a do cartel. Esta actividade será libre ata completar o aforamento. Moitas grazas Daniel Chamas e Daniel Lois por dedicarnos o voso tempo e compartir connosco vosas experiencias

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *


*