O GRUPO BAZAN ORGANIZA O QUINTO CAMPIONATO DE PESCA SUBMARINA RÍAS ALTAS

Samuel López, do Club de Remo de San Felipe, gañou o Campionato de Pesca Submarina Rías Altas grazas ás súas dez pezas válidas pescadas, destacando a cota de  ballestas con cinco pezas, recalcan desde a organización. O trofeo, que cumpre cinco anos, celebrouse en augas de Doniños e congregou a 42 deportistas de clubs de Galicia, Asturias e Madrid. Trátase de pesca submarina de infantería, é dicir, acceden a pé desde costa á zona de competición.
Completaron o podio Antonio Latexe, do Club do Mar de Ferrol, e Juan Frade, de  Cas Marín. José Díaz  Fiaño, do Grupo Bazán, conseguiu o recoñecemento á peza de maior tamaño, un pinto de 2,450 quilos.
Todo o peixe capturado dóase á Cociña Económica de Ferrol. En total, 209 quilos.

 

grupo Bazan Rias Altas 2019__2 Grupo Bazan Rias Altas 2019__1 samuel lopez Grupo bazan

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *


*