O GRUPO BAZÁN ORGANIZA O VINDEIRO SÁBADO 7 DE MARZO , REGATA DO CIRCUITO NORTE DE OPTIMIST.

O vindeiro sábado, día 7 de marzo, e dentro a a actividade de formación da escola de vela, a Sección de Vela Lixeira da A. C. R.D. Grupo Bazán organiza en augas da enseada da Malata – A Cabana unha regata-adestramento para regatistas noveis da clase internacional Optimist, e que se encadra dentro do ciclo de catro adestramentos-regata denominadas Circuito Norte de Optimist que organizan o Grupo Bazán xunto co Club Náutico Ría de Ares, o Club de Vela Fluvial das Pontes e o club Alamar de Sada ao longo da tempada 2019-2020. A actividade consistirá nun adestramento dirixido polos adestradores dos clubs citados, no que se explicarán aos máis novos (de 8 a 14 anos) das frotas dos devanditos clubs, os fundamentos da competición velística e realizaranse regatas de práctica para ir introducindo aos regatistas asistentes na dinámica das competicións que haberán de afrontar na súa traxectoria deportiva. Calcúlase que asistirán uns trinta participantes dos catro clubs citados e a duración da actividade será desde as 12:30 horas do sábado ata as 17:00 horas do citado día, en que rematará cunha merenda para os regatistas e unha entrega dun obsequio conmemorativo da xornada.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *


*