O FOTÓGRAFO CORUÑÉS JULIO CASTRO VISÍTANOS NO GRUPO BAZAN O PRÓXIMO DÍA 31 DE XANEIRO Ás 20:00 HORAS

O próximo día 31 de xaneiro ás 20:00 horas teremos no Grupo Bazán ao fotógrafo Coruñés Julio Castro.

O noso invitado fotografa paisaxes tanto diúrnos como nocturnos, para iso viaxa polo mundo en busca de  idílicos lugares e así traerllos nas súas fotos.

Non facendo moitos anos que se dedica á fotografía foi premiado en numerosos concursos fotográficos a nivel nacional e internacional.

Colabora co equipo de www.viajesfotograficos.com

A súa web http://juliocastrofotografia.com/

Grazas Julio por compartir a tarde do venres connosco.